lunes, 8 de junio de 2020

O APRENDIZ DE BRUXO

Para esta penúltima semana de escola a distancia vos propoño que escoitedes e vexades esta peza de música titulada :
"O aprendiz de bruxo" de Paul Dukas, e que Walt Disney incluíu na sua película de Fantasía. Só tedes que escoitar , e ver o que pasa na historia para logo responder ás preguntiñas.
Espero que vos guste!

Clica aquí :      Ficha "Aprendiz de bruxo"


lunes, 1 de junio de 2020

INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

Ola rapaces! Esta semana vos propoño duas fichas interactivas sobre os instrumentos da orquesta. Primeiro tedes que clicar enriba do altavoz para escoitar os instrumentos, logo arrastralo ao seu lugar e por ultimo indicar se é da familia de vento, corda ou percusión. 
Veña que son dúas fichiñas divertidas! Pinchade nos seguintes enlaces:

Ficha 1 ,Instrumentos musicais da orquesta

Ficha 2, instrumentos musicais da orquestra

 

domingo, 24 de mayo de 2020

REPASAMOS O NOME DAS NOTAS

Para esta última semana de Maio , vos propoño dúas fichas interactivas para repasar o nome das notas no pentagrama.
Cando rematedes a ficha, tedes duas opcións:
comprobar mi respuesta (e xa se corrixe ao momento) ou enviar a mi profesor; elexide esta ultima e enviadea ao meu mail: paula.garcia@edu.xunta.es.

Saudos a tod@s!



Pinchade nestes enlaces que deixo aquí debaixo:

FICHA INTERACTIVA, DO,MI,SOL,LA

miércoles, 20 de mayo de 2020

CANCIÓNS POPULARES GALEGAS

Xa que domingo pasado foi o día das letras galegas, aí vos deixo unha escolma de pezas tradicionais galegas , versionadas moi marchosas polo grupo "Uxía lambona e a banda molona".







lunes, 18 de mayo de 2020

CANCIÓNS VARIAS

Aí vos deixo unha pequena escolma de cancións que dimos neste curso, para que cantedes e bailedes un pouquiño dende a vosas casas.






martes, 12 de mayo de 2020

DÍA DA RECICLAXE, 17 DE MAIO

Este domingo 17 de Maio ademais de ser o día das letras galegas, é tamén o día da reciclaxe. Pois aí vos deixo un vídeo con ideas sinxelas para facer instrumentos. Se alguén o quere intentar e lle gusta o resultado podedes enviarme un pequeno vídeo ao meu mail: paula.garcia@edu.xunta.es



lunes, 11 de mayo de 2020

NOME DAS NOTAS MUSICAIS "24 ARAÑAS"

Este divertido xogo é para repasar o nome das notas e a súa colocación no pentagrama. Recordade:
Lede ben as instrucións antes de comezar ..e probade é ben divertido!
PINCHADE AQUÍ :