domingo, 24 de mayo de 2020

REPASAMOS O NOME DAS NOTAS

Para esta última semana de Maio , vos propoño dúas fichas interactivas para repasar o nome das notas no pentagrama.
Cando rematedes a ficha, tedes duas opcións:
comprobar mi respuesta (e xa se corrixe ao momento) ou enviar a mi profesor; elexide esta ultima e enviadea ao meu mail: paula.garcia@edu.xunta.es.

Saudos a tod@s!



Pinchade nestes enlaces que deixo aquí debaixo:

FICHA INTERACTIVA, DO,MI,SOL,LA

miércoles, 20 de mayo de 2020

CANCIÓNS POPULARES GALEGAS

Xa que domingo pasado foi o día das letras galegas, aí vos deixo unha escolma de pezas tradicionais galegas , versionadas moi marchosas polo grupo "Uxía lambona e a banda molona".







lunes, 18 de mayo de 2020

CANCIÓNS VARIAS

Aí vos deixo unha pequena escolma de cancións que dimos neste curso, para que cantedes e bailedes un pouquiño dende a vosas casas.






martes, 12 de mayo de 2020

DÍA DA RECICLAXE, 17 DE MAIO

Este domingo 17 de Maio ademais de ser o día das letras galegas, é tamén o día da reciclaxe. Pois aí vos deixo un vídeo con ideas sinxelas para facer instrumentos. Se alguén o quere intentar e lle gusta o resultado podedes enviarme un pequeno vídeo ao meu mail: paula.garcia@edu.xunta.es



lunes, 11 de mayo de 2020

NOME DAS NOTAS MUSICAIS "24 ARAÑAS"

Este divertido xogo é para repasar o nome das notas e a súa colocación no pentagrama. Recordade:
Lede ben as instrucións antes de comezar ..e probade é ben divertido!
PINCHADE AQUÍ :


XOGO INSTRUMENTOS DA ORQUESTA

Hoxe deixo un divertido xogo para repasar os instrumentos da orquesta, debedes escoitar o instrumento que soa e logo pinchar nel, intentádeo!

Pinchade neste enlace : INSTRUMENTOS DA ORQUESTA




lunes, 4 de mayo de 2020

XOGOS DE RITMO

Nesta páxina tedes xogos para facer lectura rítmica de negras, corcheas e silencio de negra.
Pincha neste enlace:

XOGOS DE RITMO