sábado, 28 de marzo de 2020

UN PESADELO NO MEU ARMARIO

Hoxe deixovos un conto cantado por todos vós no festival de Samaín, o estupendo "Un pesadelo no meu armario"!!!


viernes, 27 de marzo de 2020

jueves, 26 de marzo de 2020

CONTOS CANTADOS: ZAPATO E LUA

Pois aí vos deixo dous contiños que sabedes, cantados por todos vós. Veña a cantar dende a casa!




miércoles, 25 de marzo de 2020

CANCION PARA LAVAR AS MANS

Os compoñentes do grupo Migallas cantan unha canción que todos sabedes e que cantamos na clase.Eles aproveitana para lavar as moi ben mans , cousa imprescindible nestes momentos.


lunes, 23 de marzo de 2020

LA PIZARRA MUSICAL

Aquí tedes unha páxina para saber as notas musicais, cantar, recoñecer as notas , xogar, e tocar coa frauta:


PINCHA NESTE ENLACE :    LA PIZARRA MUSICAL


ORELLA PENDELLA

Orella pendella é unha fantástica páxina chea de ditos, rimas, recitados de palabras e cancións de tradición oral. Botádelle un ollo no apartado de xogos , para botar a sortes; fórmulas para rifar que vimos o último día na clase .
Clica enriba do nome que ves a continuación :

ORELLA PENDELLA

FABRICAR INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE RECICLAXE

Aí tedes un vídeo que explica como construír instrumentos de percusión con materiais que seguro tedes na casa.

SAÚDOS A DISTANCIA

Ola rapaces! a causa da situación que estamos vivindo, abro este blogue para deixaros actividades, vídeos, enlaces e recursos musicais.

Comezamos logo con tres contiños cantados polo 1º e 2º ciclo.